¿Que foi do Banco de Libros Municipal?

¿Que foi do Banco de Libros Municipal?

Cangas, 14 de SETEMBRO do 2015.- O Consello Escolar Municipal e a comunidade educativa coñecedores das dificultades ás que se enfrontan moitas familias co inicio do curso escolar no mes de setembro, aprobou na sesión do 18 de abril de 2013, a creación e posta en funcionamento do BANCO DE LIBROS DE TEXTO MUNICIPAL, refrendado posteriormente pola Xunta de Goberno Municipal do Concello de Cangas en sesión do 29 de abril de 2013.
Coa creación deste Banco de Libros de texto pretendiase proporcionar unha medida de apoio ás familias, reducindo gastos e constatando que a súa posta en funcionamento xeraría un enriquecemento en valores para o alumnado. O
aproveitamento de libros é unha medida de fomento de valores como a colaboración entre pais/nais, profesores/as e alumnado, a solidariedade e a responsabilidade no coidado dos libros e o respeto polo medio ambiente.
A proposta consiste en que as nais e pais de alumnos/as ó finalizar o curso escolar e, de xeito voluntario, cedan os seus libros de texto ó Concello de Cangas a través do Centro Municipal de Benestar Social (CMBS), para que sexan
aproveitados por alumnos/as do seu centro ou doutro do municipio os seguintes cursos, co compromiso de devolvelo en bo estado.
Os OBXECTIVOS que se pretendían acadar era:
 Reducir o impacto económico para as familias na adquisición de libros de
texto e material .
 Fomentar o coidado de libros, como valor educativo e cultural
 Promover a propiedade social
 Contribuír a conservación do medio ambiente
 Exercitar a solidaridade e cooperación como valor na sociedade
 Promover a colaboración e a interrelación da comunidade educativa
O calendario para implantación do BANCO DE LIBROS DE TEXTO MUNICIPAL foi o seguinte:
1.- Campaña informativa
2.- Recollida de libros: realizouse do 25 de xuño ó 17 de xullo. Ampliouse o prazo
inicialmente proposto dado o incremento de doazóns no treito final do prazo.
3.- Presentación de solicitudes: realizouse no mesmo prazo que a recollida de libros.
4.- Revisión do material e estudio das solicitudes: do 18 ó 22 de xullo. Revisaronse
os libros de texto entregados comprobando que cumpriran os requisitos
correspondentes.
5.- Entrega dos libros : Realizouse entre o 23 e o 31 de xullo.
6.- Prazo extraordinario en setembro: Entre o 1 e o 20 de setembro
Nesta actividade participaron os Centros escolares do Concello de Cangas, a Federación de ANPAS “A Gameliña”, e a oficina municipal de voluntariado “Cangas Voluntaria” . Coordenados por Técnicos municipais da Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Voluntariado, e da Concellería de Servizos Sociais .
Por todo o anterior, é polo que CANGAS DECIDE decidió rexistrar o dia de hoxe as seguintes preguntas:
1. ¿En consistiu a campaña informativa posta en marcha este ano polo concello
para a promoción e fomento deste servicio?
2. ¿cantos libros se recolleron este ano?
3. ¿cantas solicitudes presentaronse?
4. ¿cales foron os prazos establecidos para realizar todo este proceso de recollida e entrega?