MOCION DESDOBLAMENTO VÍA RÁPIDA

MOCION DESDOBLAMENTO VÍA RÁPIDA

D. José Luis Gestido Porto, voceiro do Grupo Municipal de CANGAS DECIDE, presentan para o seu debate en Pleno a seguinte PROPOSTA-MOCIÓN: Considerando que se está en proceso de elaboración o proxecto do terceiro tramo de desdobramento da Via de Alta Capacidade, chamada Vía Rápida, Considerando que este tramo discurre a maior parte por terreos do termo Municipal de Cangas. Sabendo os grandes inconvintes que a sua construcción representaron para moitos veciños do noso Concello, como foron as canalizacions das aguas pluviais, a ocupación de terreos, entre outros. É polo que presentamos para o seu debate en Pleno as seguinte PROPOSTA DE ACORDO: 1. Solicitar a Conselleria responsable da redacción do proxecto de ampliacion, a información previa, antes da sua aprobación. 2. Creación dunha Comisión de seguemento, a cal esté formada por técnicos municipais, responsables das Comunidades de Montes por donde transcurrirá a obra, membros de Protección civil e Policía Local.