José Luis Gestido ofrece ao goberno local a súa colaboración

José Luis Gestido ofrece ao goberno local a súa colaboración

gestido

O CONCELLEIRO DE CANGAS DECIDE, JOSÉ LUIS GESTIDO OFRECE AO GOBERNO LOCAL A SÚA COLABORACIÓN PARA A POSTA EN MARCHA DAS CONCELLERÍAS QUE ANTERIORMENTE TIÑA O SEU CARGO.
José Luis Gestido considera un acto de responsalibidade ofrecer a súa colaboración para o arranque destas
concellerías, posto que unha demora nas actividades inmediatas como as do período do estival , suporían unha
perda de servizos para os vecinos e veciñas de Cangas .

Cangas,20 de xuño de 2015.- O edil de Cangas Decide, José Luis Gestido, , pónse a disposición do actual goberno para a colaboración no arranque e posta en marcha das concellerías anteriormente levadas polo edil .
Gestido considera que é un acto de responsalibilidade, de cara ós veciños e veciñas de Cangas, que non teñen por que sufrir a falta de servizos inmediatos, como as actividades estivais.
O edil de Cangas Decide , sinala que igual que o actual goberno manifestou que levará a cabo un novo estilo de gobernar,o partido liderado por Gestido, levará a cabo un novo estilo de facer oposición .
Cangas Decide continúa traballando na estrutura do partido, nomeando un responsable para cada unha das áreas que conforman as necesidades de Cangas.
Gestido confirma que haberá un horario de atención a todos os veciños, nun despacho habilitado na primeira planta do concello , xa que considera que é a forma de facer política por e para todos.