Gala da Cultura 2015

Gala da Cultura 2015

Cangas, 15 de Setembro de 2015

D. José Luis Gestido Porto, voceiro do Grupo Municipal de CANGAS DECIDE, presentan para o seu debate en Pleno a seguinte PROPOSTA-MOCIÓN:
Dado que sorprendentemente vimos que non se celebrou a Gala da Cultura 2015, na que se distinguen a personas ou entidades polo seu labor a prol da cultura, da recuperación do patrimonio, tanto material como inmaterial ou pola sua creatividade nas diferentes facetas das artes e as letras, que baixo a denominación “ Xoan de Cangas ao labor Cultural” “Xoan de Cangas a Creación Artística e Literaría” e “ Ignacio Cerviño a recuperación do Patrimonio”
que nas últimas edicións se viu ampliada as diferentes expresións artístico-culturáis, como música, danza, e artes escénicas, pedimoslle que por parte do Grupo de Goberno Municipal se retome tal iniciativa, tanto polo que representa, como polo propio estímulo que supón para os/as distinguidos/as.
Se é grave o xeito da non celebración, iso vese incrementado, unha vez que estaba contemplado a devandita organización.
É polo que presentamos para o seu debate en Pleno as seguinte PROPOSTA DE ACORDO:
1. Que con carácter de urxencia e co rigor que se merece, instamos ao Goberno Municipal a súa posible recuperación dentro do actual exercicio, e que en calquera caso, se manteña no tempo con carácter anual, como se viña facendo
a cotío