E HORA DE PENSAR EN CANGAS

E HORA DE PENSAR EN CANGAS

Cangas, 10 de Marzo de 2016. – CANGAS DECIDE non quere que o proxecto para a elaboración dun PXOM realizado polo equipo redactor do plan no ano 2006 quede esquecido nun caixón. Así o manifestou o seu portavoz, Jose Luis Gestido, tras comprobar a deixadez do Grupo de Goberno nestes primeros meses da nova lexislatura. Este grupo presentou unha Mocion para o próximo Pleno para crear unha Comisión para o Estudo e Impulso do PXOM, e na que se solicitou a comparecencia do arquitecto municipal para explicar que é o que pasou co plan que no seu
momento custou 600.000 euros a todas as veciñas e veciños de Cangas. A este respecto, o concelleiro de CANGAS DECIDE asegurou que «dende CANGAS DECIDE volvemos dicir que co diñeiro dos contribuíntes non se xoga e non se cambia de opinión por réditos políticos».
Alégranos ca proposta de moción que Cangas Decide fixo fai mais dun mes, teña tan rápida resposta por parte do grupo de goberno, e por iso retirouse a moción, esperando que a intención do grupo de goberno se convirta nunha realidade o mais pronto posible xa que o PXOM é absolutamente imprescindible para planificar o futuro do territorio de Cangas José Luis Gestido afirmou que se trata de «unha comisión moi complicada, pero necesaria que ten intención de sacar adiante un Plan Xeral, mentres que o grupo de goberno, sorprendentemente, non». A portavoz de CANGAS DECIDE manifestou que, segundo o seu equipo técnico, as Normas Subsidiarias están, esgotadas e que
ademais se deixa á libre interpretación dos técnicos certos trámites, o que supón inseguridade xurídica. Ademais, Jose Luis Gestido afirma non entender como no documento do ano 2006, que estaba acordado cos técnicos do Concello, considerábase o PXOM como «absolutamente imprescindible para planificar o futuro
do territorio de Cangas e que agora non sexa así».
Para CANGAS DECIDE, a posta en marcha do PXOM é un obxectivo claro co que se busca redundar na calidade de vida de todas as pontevedresas e pontevedreses, xa que proporcionará as pautas para un desenvolvemento sustentable da cidade dando resposta a necesidades como a demanda de vivendas, infraestruturas de
comunicación, etc. Ao tempo, evitarase a situación de inseguridade xurídica que crea dúbidas sobre os posibles investimentos empresariais que poderían facerse en Cangas e que supoñerían xeración de emprego.