Desafectación do uso educativo dos locais utilizados coma vivendas nos seguintes Centros Escolares: CEIP DE CANGAS e CEIP ESPIÑEIRA ALDAN

Desafectación do uso educativo dos locais utilizados coma vivendas nos seguintes Centros Escolares: CEIP DE CANGAS e CEIP ESPIÑEIRA ALDAN

D. José Luis Gestido Porto, voceiro do Grupo Municipal de CANGAS DECIDE, presentan para o seu debate en Pleno a seguinte PROPOSTA-MOCIÓN:
Con data 19 de Xaneiro des ano foi tramitada a Secretaría do noso Concello o inicio do expediente de desafección a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, có obxecto de que, solicitase os informes e trámites procedimentais que sexan precisos acorde a desafectación do uso educativo dos locais utilizados coma vivendas nos seguintes Centros Escolares: CEIP DE CANGAS e CEIP ESPIÑEIRA ALDAN
Considerando que os locais vivendas dos Centros Educativos referidos anteriormente, teñen unha antigüidade considerable, e que non reúnen as condicións suficientes de habitabilidade.
Considerando que existen unha serie de necesidades do Concello de Cangas de carácter social, ademais de diversas solicitudes de distintos colectivos culturais e veciñais, que solicitan o uso de locais municipais.
Considerando que a intención do grupo de goberno municipal do Concello de Cangas é manter o carácter de dominio público municipal dos inmobles, mudando só o uso ao que se destinan, previa desafectación do seu uso educativo como vivendas de mestras/es.
É polo que presentamos para o seu debate en Pleno as seguinte PROPOSTA DE ACORDO:
1. Solicitar a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a autorización para solicitar a desafectación, previa incoación do correspondente expediente de mutación de uso, relativa as vivendas escolares do CEIP de CANGAS e CEIP de ESPIÑEIRA- ALDAN.