CIRCULACIÓN TRAMO ROMARIGO-VERIN

CIRCULACIÓN TRAMO ROMARIGO-VERIN

D. José Luis Gestido Porto, voceiro do Grupo Municipal de CANGAS DECIDE, presentan para o seu debate en Pleno a seguinte PROPOSTA-MOCIÓN:
O aumento de tráfico no tramo que vai dende o Pavillón de Romarigo ata o Estadio de Atletismo fai que sexa imprescindible a regulación da circulación. A todo isto hai que engadirlle a inminente apertura da piscina e as obras que se están desenrolando no Campo de Fútbol, a presenza de nenos e nenas, e a xente que vai a camiñar ou
correr.
É polo que presentamos para o seu debate en Pleno as seguinte PROPOSTA DE ACORDO:
1. Poñer en marcha un estudo da colocación de diferentes sinais de prohibido
aparcar ou parar nas beirarrúas.
2. A instalación de bandas sonoras de redución de velocidade.
3. Prohibido circulación en dobre sentido nalgúns tramos de horas determinadas, ben sexan pola celebración de partidos o dalgún evento cun número elevado de público.

4. Limpeza permanente de tramos onde a vexetación sexa alta.
5. Ensanche de tramos; iniciando posibles expropiacións onde no sexa posible acordo.
6. Colocación de barreiras de saída nas portas tanto no Pavillón coma no Campo de fútbol, para evitar a saída frontal a estrada.
7. Pintado de liñas demarcando un espazo para peóns .
8. A instalación de sinalización informativa indicando a ubicación de espáceos deportivos.
9. Búsqueda de terreos para ampliar zoa de aparcamento