Coñece o noso partido

CANGAS DECIDE afronta estas eleccións municipais co firme propósito de transformar en profundidade a Administración Local de Cangas do Morrazo, dacordo con tres obxectivos esenciais:

1.- Lograr unha Administración Local autónoma e moderna, eficaz e dotada de medios suficientes para afrontar vellos e novos retos derivados dunha sociedade en constante evolución.

2.- Instaurar un novo modelo de organización e funcionamento do gobernolocal, que sexa o primeiro e principal motor do proceso de rexeneración democrática que a  sociedade española demanda.

3.- Ofrecer o veciño unha atención e servizos de calidade, adecuados as diversas realidades territoriais e demográficas da nosa vila, e eliminar os obstáculos que de calquera xeito impidan ou dificulten a efectiva participación de todoloscidadánsna toma de decisións que configuren o entorno máis cercano.

Cremos que é necesaria a instauración de ferramentas que permitan a participación do veciño, individualmente ou mediante colectivos veciñais.

CANGAS DECIDE , pretende materializar o seu firme compromiso de arranxar os dous principais obstáculos que, tradicionalmente e mais ala do voto cada catro anos, alonxan o veciño dos procesos de toma de decisions:

  • A falta de información, apostando pola máxima transparencia na xestión da axenda política, mediante unha constante información ó cidadán,  a través dos medios que ofrecen as novas tecnoloxias (uso de internet para a publicación de edictos, anuncios municipais, información sobre o estado da tramitación de normas, publicidade de concursos e adxudicacions…), sen esquecer a difusión de información local nos ámbitos de actuación da sociedade (sedes de asociaciónsveciñais, centro de maiores, colexios, lugares de ocio, etc).
  • A ausencia de cauces reais e efectivos para fomentar a participación:
    • As reformas normativas necesarias para fomentar a participación individual e asociación nos Plenos, mais ala da súa mera asistencia formal.
    • Elaborar convenios de colaboración con asociacións e empresas para a realización de actividades de interese municipal.
    • Unha adecuada información, sobre todo a nenos e xóvenes, co fin de que coñezan o funcionamento do goberno e a Administracion municipal, así como os seusdereitos e deberes como veciños.
    • O uso das novas tecnoloxías para desenrolar e facilitar o acceso a cidadanía de ferramentas de supervisión e control da politica municipal (control do gasto, grado de execución do orzamento, etc.)
    • O uso de enquisas e outros medios que permitan recibir información da sociedade, e aproveitalas para mellorar a xestión das diversas áreas de competencias municipais.