Mes: junio 2016

Moción urgente intervención incendios

Moción urgente intervención incendios

D. José Luis Gestido Porto, voceiro do Grupo Municipal de CANGAS DECIDE, presentan para o seu debate en Pleno a seguinte PROPOSTA-MOCIÓN URXENTE: Considerando que onte mesmo produciuse o primer lume no noso Concello, na parroquia de Coiro, de dimensións importantes.

Considerando que ainda que non foron necesarios medios aéreos para súa extinción, quizais debido a rápida e efectiva intervención dos medios terrestres, temos que ter en conta que este ano será un dos de maís alto risco, debido a gran humidade da primaveira e a falta de limpeza dos nosos montes. É polo que presentamos para o seu debate en Pleno as seguinte PROPOSTA DE ACORDO:

1. Transmitir a Xunta de Galicia a través da sua Conselleria de Medio Rural o noso malestar e desacordo polos tramites postos en marcha para equiparse cos medios aéreos necesarios para dispoñer dunha efectiva e rápida intervención no caso dun incendio onde fora necesario.

2. Instar a Mancomunidad para que se faga chegar un rexeitamento conxunto de toda a Comarca do Morrazo a campaña cutre contra lumes da Xunta de Galicia, que deixa indefensos aos galegos frente ao lume.